A voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla. Así define os novos versos de María Álvarez Landesa (Vigo, 1970) a tamén poeta Míriam Ferradáns no limiar a esta obra, na que a autora rende homenaxe á súa nai. O libro inclúe un código QR onde escoitar á autora recitando algúns dos seus poemas sobre as bases musicais de Paco Dicenta. “A través dunha retrospectiva tenra, madura e, en certo modo, irreverente, viaxamos canda ela a unha infancia en primeira persoa, a unha continua poética da apelación do nós”, prosegue Míriam Ferradáns.
Os pozos elegantes das clavículas
Os pozos elegantes das clavículas
| Autor | María Álvarez Landesa |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Alvarellos Editora |
| ISBN | 9788418567636 |
| Edición | Novembro 2024 |
| Idioma orixinal | Gallego |
Sé o primero en valorar “Os pozos elegantes das clavículas” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.