La imagen con verialID c4575 ya existe en WPLa imagen con verialID c4575 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoOs contos da avoa Pepa – BiblosClube

Os contos da avoa Pepa

Os contos da avoa Pepa

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Seteleguas
Autor: Francisco X. Fernández Naval, Manolo Figueiras (il.)
ISBN: 9788484644361
Edición: 1ª (decembro 2018)
Páxinas: 86
Dimensións: 150 × 235 cm

15,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

“Os contos da avoa Pepa” atesoura a memoria dos nosos maiores, dun pasado con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos de hoxe en día, pero fala dunha Galicia coa autenticidade e co encanto da paisaxe e da paisanaxe rural; dun tempo no que as historias pasaban de avós, a fillos, a netos, xeración tras xeración; dos contos de fórmula, das diviñas, das cantigas e dos xogos
tradicionais, das fábulas; do entusiasmo dos cativos gozando cunha sinxela caixa de pinturas. Mais “Os contos da avoa Pepa” tamén trae recordos agres da emigración, das guerras e da represión…
Francisco Fernández Naval convértese en transmisor dun legado de valor incalculable que trascende o plano da oralidade para ficar por escrito. Son palabras cheas de nostalxia e de afecto, portadoras dunha potente carga evocadora dos sentidos e dos sentimentos, que se deleitan na descrición detallada dos lugares, dos diálogos; relatos de antano como bálsamo contra o esquecemento.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Os contos da avoa Pepa”