Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)

Xosé Álvarez Castro completa a investigación de “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939”), publicado tamén por Xerais en 2013. Amplía desta volta o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950. O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas. Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Crónica. Memoria
Autor: Xosé Álvarez Castro
ISBN: 9788411100335
Edición: 1ª (2022)
Páxinas: 504

26,95 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Xosé Álvarez Castro completa a investigación de “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939”), publicado tamén por Xerais en 2013. Amplía desta volta o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950. O libro analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo». A represión empregada contra a oposición política, a represión económica, a sufrida polas mulleres e a efectuada contra a masonería teñen un tratamento especial. Por outro lado, afóndase nas formas, composición e actuacións da resistencia contra o Réxime, tanto a través das organizacións políticas clandestinas como dos distintos grupos da guerrilla, así como as estratexias empregadas polas autoridades franquistas para combatelas. Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)”