La imagen con verialID c12230 ya existe en WPLa imagen con verialID c12230 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoOnde as rúas non teñen nome – BiblosClube

Onde as rúas non teñen nome

Onde as rúas non teñen nome

Editorial: Edicións Positivas
Autor: Xurxo Ayán
ISBN: 9788412242164
Edición: 1ª (decembro 2020)
Páxinas: 264
Dimensións: 155 × 230 cm

18,00 

1 dispoñibles

“… Nas páxinas que seguen non procuro aproveitarme das fírgoas do sistema, de adentrarme no mundo dos –ismos e das modas do mercado. Non precuro ser unha versión local, un epígono dos mundos persoais e irrepetibles de Xuan Bello ou Ryszard Kapuscinski. Tampouco vou defender identidades asoballadas, sexan do Primeiro ou do Terceiro Mundo. Non son un médico sen fronteiras,
nin son un misioneiro.
Vou falar de homes e mulleres, do presente e do pasado. Como dicía un coñecido David Lowenthal o pasado é un país estrano, habitado, habitado por xente que xa non está, pero que un pode lembrar ou mesmo inventar. A idea de que a Historia é a mestra da vida é unha estupidez, clásica iso si. Non creo no seu poder para fornecer leccións morais, nin que sexa unha simple narrativa
de lecer, unha retórica baleira. Non.
Vou falar, na miña lingua materna, de oralidade, de memoria, de identidade, de trauma, de emigración, de guerra. Quizabes seguiremos sen saber como nos chamamos. Pero alomenos poderemos
comezar a coñecer ao Outro e, de paso, coñecérmonos a nós mesmos. Coñecérmonos a Nós-outros”.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Onde as rúas non teñen nome”