Obra completa (Luis Pimentel)

Obra completa (Luis Pimentel)

A “Obra completa” do poeta Luís Pimentel nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.
A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, “Triscos”, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, “Sombra do aire na herba”, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro “Barco sin luces”, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa “Obra inédita o no recopilada”.
A estes títulos, a presente edición da “Obra completa” engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto.

Editorial: Editorial Galaxia
Autor: Luis (1895-1958) Pimentel
ISBN: 9788498652345
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 520

31,25 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

A “Obra completa” do poeta Luís Pimentel nun único volume e en edición ao coidado da profesora Araceli Herrero Figueroa, unha das grandes especialistas na obra pimenteliá, inclúese a súa poesía en galego e en castelán, textos en prosa e textos para a escena.
A Academia Galega dedicou en 1990 o Día das Letras Galegas a Luís Pimentel como recoñecemento á obra dun poeta que publicaba en 1950, na mítica colección Benito Soto, o seu primeiro libro, “Triscos”, ao que seguiría en 1959 o que se considera o seu poemario central, “Sombra do aire na herba”, publicado postumamente por Editorial Galaxia cunha introdución de Celestino Fernández de la Vega. De Pimentel, tamén escritor en castelán, publicaríase en 1960 o libro “Barco sin luces”, poemario esencial para achegarse ao universo poético pimentelián. Mais non sería ata 1981 cando se publicase, en edición de Araceli Herrero Figueroa, a súa “Obra inédita o no recopilada”.
A estes títulos, a presente edición da “Obra completa” engade aqueles textos que, desde 1981, foron dados a coñecer, amais de artigos, textos sobre arte e textos para a escena, un deles para o teatro, e tres ballets. Toda a obra de Luís Pimentel reunida nun único volume que permite a lectores e lectoras achegarse a esta obra literaria esencial para as nosas letras e facelo dun xeito ordenado, o que facilita a lectura e a percepción da obra no seu conxunto.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Obra completa (Luis Pimentel)”