O regreso do meu pobre tío ou Relato da súa viaxe á Lúa escrito por el mesmo e sacado á luz polo seu querido sobriño foi publicado en 1784 e está inspirado nas primeiras experiencias de voo aerostático. Trátase dunha humorística recreación na que non custa recoñecer a sempre actual reflexión sobre as relacións humanas nas institucións, os costumes mundanos e o seu absurdo. Este divertimento adoita clasificarse como unha mostra da literatura excéntrica, pola súa temática, arredor dunha viaxe á Lúa; e pola súa estrutura, en vista do desdobramento da voz narrativa e a presenza constante de digresións. Neste sentido, os lectores asisten a unha dobre perspectiva dos feitos: a que outorga o relato do protagonista da viaxe no corpo do texto, e a dos comentarios do sobriño, presentes nas notas a pé de páxina, testemuña e asemade editor do acontecido. Traducido do francés por Isabel Soto.
O regreso do meu pobre tío

8,00 €
O regreso do meu pobre tío
| Autor | Jacques-Antoine Dulaure |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Hugin e Munin |
| ISBN | 9788412393323 |
| Edición | Xaneiro 2022 |
| Idioma orixinal | Francés |
| Idioma de publicación | Gallego |
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.