O porqué de todas as cousas

O porqué de todas as cousas

A trintena de historias breves que conforman O porqué de todas as cousas son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó, a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa. Éxito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, chega agora ao galego en tradución de Gonzalo Hermo. Monzó retrata nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa, sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.

Editorial: Faktoria K de Libros
Autor: Quim Monzó
ISBN: 9788416721726
Edición: 1ª Febreiro 2021
Páginas: 160

17,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

A trintena de historias breves que conforman O porqué de todas as cousas son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó, a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa. Éxito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, chega agora ao galego en tradución de Gonzalo Hermo. Monzó retrata nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa, sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O porqué de todas as cousas”