Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe. A través dunha hábil mestura de fantasía e cotiandade, esta obra -inacabada pero autoconclusiva- supón non só unha potente crítica dos costumes da época, senón incluso unha emenda ao concepto de civilización, presentada en forma de alegoría a varias voces; entre elas, sobre todo, a do mono. A tradución é de Alfonso Blanco.
O mono Xouth
O mono Xouth
| Autor | Iakovos Pitsipios |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Hugin e Munin |
| ISBN | 9788412807561 |
| Edición | Outubro 2024 |
| Idioma orixinal | Griego Moderno (>1453) |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “O mono Xouth” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.