O lector

O lector

Construída a partir de diversos elementos autobiográficos do autor, a novela recolle a historia que Michael Berg conta por escrito, cun propósito catártico, sobre a relación adolescente que tivo con Hanna Schmitz, a muller coa que, malia lle dobrar a idade, viviu unha aventura secreta caracterizada pola descuberta, o erotismo e unha atmosfera tan enigmática coma atractiva. Marcado para sempre por unha relación na que, tamén, día tras día, lle lía en voz alta os grandes clásicos da literatura, e que rematou de socato coa desaparición da muller. Anos máis tarde, Michael, xa estudante de Dereito, acode canda os seus compañeiros a un xuízo contra cinco gardiás dun campo de concentración -Hanna entre elas-, no marco do terror nazi. En consecuencia, vese enfrontado a uns feitos dramáticos e obrigado a calibrar os límites entre a compaixón e a xustiza; no fin de contas, deberá recompoñer a lembranza da muller que amou a fin de se liberar da culpa e do peso dos recordos. No 2009 foi levada ao cinema. Traducido do alemán por David A. Álvarez Martínez.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Bernhard Schlink
ISBN: 9788412259322
Edición: 1ª Xaneiro 2021
Páginas: 228

15,00 

1 dispoñibles

Construída a partir de diversos elementos autobiográficos do autor, a novela recolle a historia que Michael Berg conta por escrito, cun propósito catártico, sobre a relación adolescente que tivo con Hanna Schmitz, a muller coa que, malia lle dobrar a idade, viviu unha aventura secreta caracterizada pola descuberta, o erotismo e unha atmosfera tan enigmática coma atractiva. Marcado para sempre por unha relación na que, tamén, día tras día, lle lía en voz alta os grandes clásicos da literatura, e que rematou de socato coa desaparición da muller. Anos máis tarde, Michael, xa estudante de Dereito, acode canda os seus compañeiros a un xuízo contra cinco gardiás dun campo de concentración -Hanna entre elas-, no marco do terror nazi. En consecuencia, vese enfrontado a uns feitos dramáticos e obrigado a calibrar os límites entre a compaixón e a xustiza; no fin de contas, deberá recompoñer a lembranza da muller que amou a fin de se liberar da culpa e do peso dos recordos. No 2009 foi levada ao cinema. Traducido do alemán por David A. Álvarez Martínez.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O lector”