O incendio

O incendio

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Sara Vila Alonso
ISBN: 9788411105149
Edición: abril 2024
Páginas: 208

17,95 

3 dispoñibles

Un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece arder. Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos ao devastador incendio que arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O incendio”