c11919O embigo do becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V – BiblosClube

O embigo do becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V

O embigo do becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V

Editorial: Edicións Morgante
Autor: Calros Solla
ISBN: 9788415166900
Edición: 03/2021
Páxinas: 448
Dimensións: 145 × 230 cm

24,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

“O pobo cerdedés é libre de adorar os ídolos da súa predilección. Á luz dos feitos e tamén das feitorías, eu tamén son libre de opinar que eses ídolos son falsos. Outros, ben seguro, deberan ser os referentes nos que basear o noso rexurdimento posíbel: a luminosa erudición do Padre Sarmiento, a ardencia emancipadora do movemento agrarista, o étnico cosmopolitismo de Otero Espasandín, os ideais democráticos dos nosos mártires republicanos, a xenial retranca dos arghinas, o vitalismo de Manuela de Barro e toda a sabedoría popular escolmada nos cinco Retrincos publicados (e un sexto en preparación). É gozoso salientar que, en Cerdedo, alén do inmobilismo maioritario, existen honrosísimas e anónimas individualidades cuxo irredutíbel compromiso actúa e actuará de antídoto contra a desesperanza”.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O embigo do becho. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo V”