Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte -escribiu ela nunha carta- é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» “O cuarto das abellas” é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez. Fran P. Lorenzo
O cuarto das abellas

13,50 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
O cuarto das abellas
| Portada | Ver portada |
|---|---|
| ISBN | 9788491211280 |
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.