O amuleto

O amuleto

Malia ser hoxe moi estimada, en 1873, ano da publicación desta primeira novela breve de Conrad Ferdinand Meyer, foron abondos os críticos que viron nela unha imitación dos vellos modelos narrativos da literatura francesa e mesmo chegaron a acusar o autor zuriqués de plaxiar a Mérimée. O marco espazo-temporal é a noite do 24 de agosto de 1572 en París, cando se perpetrou o soado masacre dos hugonotes, do cal o mozo protagonista, Hans Schadau, sairía con vida, pero non así o seu compatriota Wilhelm Boccard, un católico natural da cidade suíza de Friburgo. En paralelo á trama, na novela abrollan temas como o albedrío, a forza do destino ou a tolerancia relixiosa, que Conrad Ferdinad Meyer trata de xeito solemne, como o gran poeta lírico in fieri que entón era. Houbo que agardar até finais do século XX para que esta novela curta de simbólico título, O amuleto, fose considerada clave na forxa do estilo narrativo dun escritor de gran talento e proclive a abordar feitos históricos obxectivos cunha subxectividade sen ataduras. Neste sentido, a carga historicista segue as pautas estruturais fixadas en lingua inglesa por Walter Scott, mentres que os personaxes centrais aparecen perfilados sobre modelos reais: o autor e as súas amizades; Schadau, por exemplo, é un álter ego de Meyer.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Conrad Ferdinand Meyer
ISBN: 9788412128055
Edición: 1ª Xullo 2020
Páginas: 100

13,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Malia ser hoxe moi estimada, en 1873, ano da publicación desta primeira novela breve de Conrad Ferdinand Meyer, foron abondos os críticos que viron nela unha imitación dos vellos modelos narrativos da literatura francesa e mesmo chegaron a acusar o autor zuriqués de plaxiar a Mérimée. O marco espazo-temporal é a noite do 24 de agosto de 1572 en París, cando se perpetrou o soado masacre dos hugonotes, do cal o mozo protagonista, Hans Schadau, sairía con vida, pero non así o seu compatriota Wilhelm Boccard, un católico natural da cidade suíza de Friburgo. En paralelo á trama, na novela abrollan temas como o albedrío, a forza do destino ou a tolerancia relixiosa, que Conrad Ferdinad Meyer trata de xeito solemne, como o gran poeta lírico in fieri que entón era. Houbo que agardar até finais do século XX para que esta novela curta de simbólico título, O amuleto, fose considerada clave na forxa do estilo narrativo dun escritor de gran talento e proclive a abordar feitos históricos obxectivos cunha subxectividade sen ataduras. Neste sentido, a carga historicista segue as pautas estruturais fixadas en lingua inglesa por Walter Scott, mentres que os personaxes centrais aparecen perfilados sobre modelos reais: o autor e as súas amizades; Schadau, por exemplo, é un álter ego de Meyer.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O amuleto”