Memorias do café Derby, emblema de Compostela e Galicia

Acompañada con 130 fotografías e numerosos documentos de época, esta obra ofrece a historia máis íntima dun establecemento centenario de Compostela, o Derby, ademais deses testemuños de varias xeracións que foron protagonistas dos seus inesquecibles faladoiros. Estas son as memorias dun café, a alma dun establecemento que foi todo un emblema para a cidade e para Galicia. Partindo dunha documentación previa moi escasa, o autor reconstrúe, grazas á achega de arquivos familiares e coleccións particulares, a historia dun local que abriu as portas, na actual Praza de Galicia, en 1929, e que pecharía como Café en 2020. Estas páxinas son unha homenaxe, en primeiro lugar, ás persoas que mantiveron en pé o Derby: Avelino San Luís, Ramón Barca, Manuel Domínguez e Victoria Domínguez. Son tamén un convite a nos sentar de novo na mesa e escoitar a Valle-Inclán, Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro ou Carlos Casares.

Editorial: Alvarellos Editora
Autor: Fernando Franjo
ISBN: 9788418567131
Páginas: 192

24,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Acompañada con 130 fotografías e numerosos documentos de época, esta obra ofrece a historia máis íntima dun establecemento centenario de Compostela, o Derby, ademais deses testemuños de varias xeracións que foron protagonistas dos seus inesquecibles faladoiros. Estas son as memorias dun café, a alma dun establecemento que foi todo un emblema para a cidade e para Galicia. Partindo dunha documentación previa moi escasa, o autor reconstrúe, grazas á achega de arquivos familiares e coleccións particulares, a historia dun local que abriu as portas, na actual Praza de Galicia, en 1929, e que pecharía como Café en 2020. Estas páxinas son unha homenaxe, en primeiro lugar, ás persoas que mantiveron en pé o Derby: Avelino San Luís, Ramón Barca, Manuel Domínguez e Victoria Domínguez. Son tamén un convite a nos sentar de novo na mesa e escoitar a Valle-Inclán, Álvaro Cunqueiro, Ramón Piñeiro ou Carlos Casares.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Memorias do café Derby, emblema de Compostela e Galicia”