Maria Zef é unha humilde rapazola friulana que percorre vilas e aldeas vendendo cacharros de cociña coa súa nai e a súa irmá pequena. O traballo é duro, pero Mariutine afróntao con alegría e afouteza. Porén, a prematura morte da nai lánzaa de súpeto a unha terrible vida adulta.
Considerada hoxe a gran novela de referencia do Novecento, Maria Zef retrata con tanta dureza como mestría un mundo no que reina a opresión masculina e calquera forma de redención social é unha utopía. Unha novela fermosísima que atrapa desde as primeiras liñas.
Maria Zef
Maria Zef
| Autor | Paola Drigo |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Irmás Cartoné, S.L. |
| ISBN | 9788412904253 |
| Edición | 1ª (2025) |
| Idioma orixinal | Italiano |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “Maria Zef” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.