Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega.
A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana, fixando o horror como característica da nosa especie.
Na escolma presente, seleccionada polo propio autor, inclúense: “CARTA A MARÍA CASARES”, un prólogo que denuncia o maltrato ao teatro en Galiza; “Como Jekyll e Hyde”, “A Vía Láctea” e “Tatuaxes”, que abordan os aspectos destrutivos do amor; “Materna”, que trata os conflitos entre nais e fillos; “animal VACÍO”, un cántico desesperado nacido entre ruínas; “Ollos”, sobre a alienación no “primeiro mundo”; e “Danza da mentira”, onde emerxe a barbarie.
Dende os seus comezos literarios, Pisón abandona os medios tradicionais do teatro, sentindo que obstaculizan a súa expresión. Algúns críticos incluso consideran que moitos dos seus textos transcenden aos xéneros literarios tradicionais. Asumindo esta fractura, o autor busca provocar un cuestionamento do teatro convencional e promover a renovación dramatúrxica e escénica en Galiza.
Lúas do Orzán
Lúas do Orzán
| Autor | Xesús Pisón |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Laiovento |
| ISBN | 9788484876915 |
| Colección | Teatro |
| Edición | 1ª (2024) |
| Número de colección | 450 |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “Lúas do Orzán” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.