I Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra.
Noa e Enzo mercan un modesto piso en Vigo a onde trasladan as reunións que, cada venres, manteñen co seu grupo de amigos. A través destes encontros, descubrimos a realidade de toda unha xeración: a dificultade de acceder a unha vivenda digna, o significado do fogar, as viraxes ideolóxicas e a transformación das nosas cidades en lugares cada vez menos habitables. Seremos testemuñas, tamén, de como as utopías se converten en distopías xustificadas en nome do progreso. Khôra é unha reflexión sobre o ser humano contemporáneo, a mutación das nosas relacións persoais e o noso vínculo esencial co lugar que habitamos. É o tempo o que nos transforma, ou é o espazo o que nos define?
Khôra (I Premio Castelao de Textos Teatrais)
Khôra (I Premio Castelao de Textos Teatrais)
| Autor | José Luis Baños de Cos |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Galaxia |
| ISBN | 9788411766173 |
| Edición | 1ª (2026) |
| Idioma orixinal | Gallego |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “Khôra (I Premio Castelao de Textos Teatrais)” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.