Intempériome. Edición Especial Letras Galegas 2021

Intempériome (2003) é o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias. Dende o propio título racha as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dun­ha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición especial de Xerais consta dun estoxo que contén o libro de poemas Intempériome, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompaña­da dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu. Despois de sete anos sen publicar, en 2003 volveu con este libro e convertiuse na súa obra póstuma.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Xela Arias
ISBN: 9788491218944
Edición: 05/2021
Páginas: 64

26,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Intempériome (2003) é o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias. Dende o propio título racha as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dun­ha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significados contestatarios e invocar a lectora ou lector a que se libere da alienación. En palabras da poeta Iolanda Zúñiga, que se dirixe a Xela Arias no limiar do libro, «Íspeste para asimilar, sen estorbos, o alento do suburbial». Esta edición especial de Xerais consta dun estoxo que contén o libro de poemas Intempériome, un caderno de notas e un CD coa gravación dos poemas na voz de Xela Arias acompaña­da dos músicos Pablo Carrera, Macarena Montesinos e Elena Vázquez, baixo a dirección de Fernando Abreu. Despois de sete anos sen publicar, en 2003 volveu con este libro e convertiuse na súa obra póstuma.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Intempériome. Edición Especial Letras Galegas 2021”