Formas tradicionais da cerámica popular. Terra Chá. Bonxe

Formas tradicionais da cerámica popular. Terra Chá. Bonxe

36,40 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

A tradición oleira de Bonxe ocupa un lugar de prestancia entre as bisbarras oleiras. O Curro do Picato, en San Lourenzo de Aguiar, e o Monte da Lagoa, en San Mamede de Bonxe, son dous lugares dos que, entre as persoas artesás das dúas parroquias, xuntaban doce carros de barro ao ano para facer unha fornada. Este libro mostra todo o conxunto de elementos imprescindibles que rodean as pezas e os obxectos. Elementos materiais como fornos, apeiros, obradoiros; os lugares de extracción dos barros; os centros de comercialización de onte (feiras) e hoxe (os propios obradoiros de quen segue no oficio). Non se descoida, tampouco, o estudo daqueles elementos inmateriais que axudan a explicar e contextualizar a orixe e a vixencia do oficio. Lembra os nomes daquelas persoas que fixeron deste oficio o seu mundo e participar da memoria colectiva que reside viva nas mans de quen, aínda hoxe, traballa o barro.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Formas tradicionais da cerámica popular. Terra Chá. Bonxe”