Luísa Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución. E, nestas Formas breves de pensamento, que compilan textos do seu legado literario, maiormente inéditos, sedúcenos na distancia curta e íntima da brevidade e a precisión.
Palabras destiladas ao máximo en forma de aforismos, haikus, reflexións e breves poemas, esencia mesma desa vida tan diferente, a arte, pois nela un pode mentir. Pensamentos e palabras que producirán en ti, lector ou lectora, a conciencia de estar vivo, que se enriquecen coas ilustracións de Alfonso Costa e Carolina Rouco Villalta.
Formas breves de pensamento
Formas breves de pensamento
| Autor | Luciano Rodríguez (ed.), Luisa Villalta |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Galaxia |
| ISBN | 9788411763240 |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “Formas breves de pensamento” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.