La imagen con verialID c14161 ya existe en WPLa imagen con verialID c14161 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoFederico Fernández, fotografías – BiblosClube

Federico Fernández, fotografías

Federico Fernández, fotografías

En 1981, e reedicións posteriores, a curadora suiza Erika Billeter incluiu o fotógrafo apátrida Federico Fernández na escolma máis completa que se coñece da historia da fotografía latinoaméricana. Detrás dese nome común está a vida dun home extraordinario. Premio Nacional de Fotografía en Venezuela 1994, na súa mocidade participou na loita armada contra o franquismo no Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e na guerrilla venezolana das FALN. Secuestrador de dous barcos, adestrado en Cuba e Checoslovaquia en tácticas guerrilleiras e fotógrafo da guerra da Nicaragua sandinista contra a «contra». Pero Federico é tamén o fillo do mítico comandante Soutomaior, exiliado republicano, fundador do DRIL, mestre das guerrillas venezolanas en tácticas de guerra, embaixador da OSPAAL cubana en Laos, Camboxa e Vietnam. Este libro é unha homenaxe fotográfica de Federico cara a vida militante do seu pai e unha homenaxe de Xurxo Martiz ao traballo dun dos mellores fotógrafos de Latinoamérica.

Editorial: Autor/Editor
Autor: Xurxo Martiz Crespo, Xosé Enrique Acuña
ISBN: 9788409182282
Páxinas: 144
Dimensións: 210 × 165 cm

20,00 

1 dispoñibles

En 1981, e reedicións posteriores, a curadora suiza Erika Billeter incluiu o fotógrafo apátrida Federico Fernández na escolma máis completa que se coñece da historia da fotografía latinoaméricana. Detrás dese nome común está a vida dun home extraordinario. Premio Nacional de Fotografía en Venezuela 1994, na súa mocidade participou na loita armada contra o franquismo no Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e na guerrilla venezolana das FALN. Secuestrador de dous barcos, adestrado en Cuba e Checoslovaquia en tácticas guerrilleiras e fotógrafo da guerra da Nicaragua sandinista contra a «contra». Pero Federico é tamén o fillo do mítico comandante Soutomaior, exiliado republicano, fundador do DRIL, mestre das guerrillas venezolanas en tácticas de guerra, embaixador da OSPAAL cubana en Laos, Camboxa e Vietnam. Este libro é unha homenaxe fotográfica de Federico cara a vida militante do seu pai e unha homenaxe de Xurxo Martiz ao traballo dun dos mellores fotógrafos de Latinoamérica.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Federico Fernández, fotografías”