Estrita necesidade

Estrita necesidade

Homenaxe escrita e visual á xeración de país e nais da posguerra, a uns tempos de racionamento, austeridade, afectos fondos e resistencia. A carón dos versos de Carlos Negro emerxen as imaxes de Benxamín Otero. Así describe a súa obra Carlos Negro: “Este libro establece un diálogo coa figura paterna, pescuda nas tensións íntimas da masculinidade, captura a relación entre un corpo e os obxectos que o rodean, entre as mans e a ferramenta, entre a palabra e os múltiples silencios que habitan nas elipses dunha biografía. Este libro retrata unha xeración de homes que nunca botou os restos de comida ao caldeiro do lixo. E deixa sobre o prato a prana dunha mazá, a esencia da luz, o termar da memoria entre as sombras. Este libro é de estrita necesidade, como as fotografías que o alumean”.

14,50 

Autor Benxamín Otero, Carlos Negro
Portada Ver portada
Editorial Alvarellos Editora
ISBN 9788418567056
Edición 1ª Xuño 2021
Idioma orixinal Gallego
Idioma de publicación Gallego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Estrita necesidade”