Estranxeiras

Estranxeiras

18,50 

A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunhas maletas e non esquecen o libro das fadas. Arredor da oposición veciñal a un proxecto urbanístico preto do río, un amplo elenco de personaxes vese fiado por un rural que se debate entre a desaparición e a renacenza. Carmen P.G. Granxeiro constrúe en Estranxeiras un relato de esperanza no cal a realidade queer, as transicións e a historia colectiva conviven nun podcast, en múltiples vidas e nalgunhas mortes.
II PREMIO LITERARIO PINTO E MARAGOTA POLA DIVERSIDADE SEXUAL E DE XÉNERO

Estranxeiras

Autor Carmen P. G. Granxeiro
Portada Ver portada
Editorial Edicións Xerais de Galicia
ISBN 9788411101554
Colección Narrativa
Edición 1ª Setembro 2022
Número de colección 499
Idioma orixinal Gallego
Idioma de publicación Gallego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Estranxeiras”