O autor reafirma a condición galega da autora de “Los Pazos de Ulloa” e o seu compromiso irrenunciable con esta terra, que ela contribuíu a dar a coñecer en Europa e en América, e que non se cinxe só á súa cidade natal senón que abrangue Galicia enteira. Detalla que reflectiu esa paixón polo país ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística e xornalística e apunta que a escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalista galego, ao que fixo importantes achegas, nos ámbitos cultural e literario, non político. Paz Gago menciona que Pardo Bazán chegou a recoñecer para Galicia a condición de nacionalidade, pero advertindo que o protonacionalismo rexionalista podía levar ao separatismo, que ela rexeitaba abertamente.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.