El

El

17,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Rescatar El, de Louise Colet, supón sacar do esquecemento unha escritora prolífica reducida ao papel de musa e vítima da misoxinia da época. Publicada en 1859, e un ano despois en volume, a obra contou cun grande éxito, por vir asinada pola amante de Flaubert e por ser un relato en clave cunha visión diferente da recollida ese mesmo ano por George Sand en Elle et lui -recreación da súa relación con Alfred de Musset- e por Paul de Musset en Lui et elle, unha defensa irada da figura de Musset por parte do seu irmán. A marquesa Stéphanie de Rostan, dous anos despois da morte do famoso poeta Albert de Lincel, rememora o tempo que compartiu con el. Colet combina a narración da marquesa co relato inserido na voz do poeta, o cal lle serve para analizar a psicoloxía de homes e mulleres, e concluír a incompatibilidade que resulta das súas diferenzas intelectuais e sensuais. Traducido do francés por Isabel Soto.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “El”