Doutor Zhivago

Doutor Zhivago

34,00 

1 dispoñibles

Pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel en 1958 por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de David Lean, non fixo máis que engrandecer este mito. A inesquecible paixón entre Yuri Andréyevich e Larisa Fiódorovna baixo o estrondo da vella Rusia imperial que se esboroa, cativou milleiros de lectoras e lectores en numerosas linguas. Desde a Primeira Guerra Mundial, a Revolución rusa de 1917 e a posterior Guerra Civil de 1918 a 1920, estas páxinas seguen a Yuri e a Lara nos seus encontros e desencontros nos tempos incertos e terribles que lles tocou vivir. En tradución de Aleksandr Dziuba.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Doutor Zhivago”