Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 1): A tradición nacional de Galiza

Este volume arela ser unha antoloxía cualitativa do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema, da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), Enxebrismo (ethos), Fideístas e felibres (cronos), Nacionalidade galega (polis) e Galeguismo / Galeguidade (eidos)… E máis dúas verbas-hoxe-tabú: “raza” e “alma”. Temas-teimas recorrentes dunha enxurrada de artigos, ensaios, estudos, teses que se amorean nas librarías e bibliotecas do noso tempo á procura de respostas aos complexos interrogantes que eses lemas / dilemas suscitan. Verbas-chave de conceptos-charneira que, se acaso non se formularon por primeira
vez no Boletín Nós, si que nel foi onde se expuxeron con maior brillo e nitidez na historia da Cultura galega moderna. Edición bilingüe en galego e castelán.

Editorial: Hércules Ediciones
Autor: Camilo Fernández Valdehorras
ISBN: 9788412290622
Edición: 03/2021
Páginas: 440

45,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Este volume arela ser unha antoloxía cualitativa do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema, da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), Enxebrismo (ethos), Fideístas e felibres (cronos), Nacionalidade galega (polis) e Galeguismo / Galeguidade (eidos)… E máis dúas verbas-hoxe-tabú: “raza” e “alma”. Temas-teimas recorrentes dunha enxurrada de artigos, ensaios, estudos, teses que se amorean nas librarías e bibliotecas do noso tempo á procura de respostas aos complexos interrogantes que eses lemas / dilemas suscitan. Verbas-chave de conceptos-charneira que, se acaso non se formularon por primeira
vez no Boletín Nós, si que nel foi onde se expuxeron con maior brillo e nitidez na historia da Cultura galega moderna. Edición bilingüe en galego e castelán.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Do mellor de NÓS I. Escolma-Mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 1): A tradición nacional de Galiza”