DFW nas produndidades da tristeza infinita/ As cancións que lles cantaban aos cativos

DFW nas produndidades da tristeza infinita/ As cancións que lles cantaban aos cativos

Editorial: Editorial Laiovento
Autor: Raúl Dans
ISBN: 9788484875314
Edición: 1ª Xuño 2021
Páxinas: 252
Dimensións: 140 × 210 cm

En “DFW nas profundidades da tristeza infinita”, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de “non ficción”. Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.
A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.
Sobre As cancións… a crítica escribiu: “Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario” (Xesús González Gómez). “Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal” (Manuel F.Vieites).
“É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor” (Xerardo Couto).
“As cancións… resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura.” (Armando Requeixo).
“Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar” (Miguel Sande).

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “DFW nas produndidades da tristeza infinita/ As cancións que lles cantaban aos cativos”