Dende 1880

Dende 1880

Desde 1880» é unha narración gráfica, unha historia sen palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada
nunha cidade occidental, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario invariable onde se observa o tránsito dos anos a través do atuendo dos seus habitantes, os modelos de familia, os medios de transporte, os produtos expostos nos escaparates, os oficios dos transeúntes ou os avances tecnolóxicos.
Así, o vestiario evoluciona dende o polisón e o esmoquin da época vitoriana ata a moda actual, pasando polo estilo dos ‘alegres anos 20’ e o movemento hippie dos 60. Os carruaxes, os primeiros vehículos a motor, a silueta característica dos coches de recoñecidas marcas e as motocicletas tamén contribúen
a situarse cronoloxicamente. Do mesmo modo, reflíctense fitos históricos: as Guerras Mundiais, a pandemia de 1918, a chegada á lúa… No marco desta transformación social tampouco faltan pistas sobre a arte, a implantación dos electrodomésticos e a presenza dos ordenadores e doutros aparellos electrónicos.
Todos estes cambios prodúcense ante a atenta mirada de Cronos, o deus do tempo, coroando un portal, e cunha libraría
como testemuña privilexiada desa sucesión de acontecementos. Elaboradas con técnica acrílica sobre madeira, as ilustracións
de Pietro Gottuso destacan polo seu detallismo e rigor histórico, resultado dun minucioso proceso de documentación.

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Pietro Gottuso
ISBN: 9788413430478
Edición: Novembro 2020
Páginas: 32

16,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Desde 1880» é unha narración gráfica, unha historia sen palabras que amosa o paso do tempo nos últimos 140 anos. Ambientada
nunha cidade occidental, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario invariable onde se observa o tránsito dos anos a través do atuendo dos seus habitantes, os modelos de familia, os medios de transporte, os produtos expostos nos escaparates, os oficios dos transeúntes ou os avances tecnolóxicos.
Así, o vestiario evoluciona dende o polisón e o esmoquin da época vitoriana ata a moda actual, pasando polo estilo dos ‘alegres anos 20’ e o movemento hippie dos 60. Os carruaxes, os primeiros vehículos a motor, a silueta característica dos coches de recoñecidas marcas e as motocicletas tamén contribúen
a situarse cronoloxicamente. Do mesmo modo, reflíctense fitos históricos: as Guerras Mundiais, a pandemia de 1918, a chegada á lúa… No marco desta transformación social tampouco faltan pistas sobre a arte, a implantación dos electrodomésticos e a presenza dos ordenadores e doutros aparellos electrónicos.
Todos estes cambios prodúcense ante a atenta mirada de Cronos, o deus do tempo, coroando un portal, e cunha libraría
como testemuña privilexiada desa sucesión de acontecementos. Elaboradas con técnica acrílica sobre madeira, as ilustracións
de Pietro Gottuso destacan polo seu detallismo e rigor histórico, resultado dun minucioso proceso de documentación.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Dende 1880”