Son 125 microhistorias de rara caste, misteriosas e sorprendentes, que ao longo de 120 anos contan con brevidade un feixe de cousas tamén misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo, co nexo común de teren aparecido publicadas na frutuosa prensa galega de aquén e alén mar, upadas na peaña da primeira plana ou desapercibidas nun recuncho da páxina par. Neste volume ordénanse, dende o ano 1848 até o ano 1968, unha centena longa de textos xornalísticos, devindos por decantación en relatos breves; contos cativos hibridados de impactante veracidade, arroubadora mitoloxía e final aberto; o suceso elevado ao exponente do prodixio. O autor, nado en Pontevedra en 1971, é profesor de lingua, etnógrafo e escritor.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.