Coa man esquerda

Coa man esquerda

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Xabier Quiroga
ISBN: 9788411103114
Edición: 1ª (2023)
Páginas: 200

17,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou legado do vello servirá para liberarse dun pesado lastre e descubrir un segredo que o escritor non sabía de si mesmo. Empregando un estilo moi libre e sedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e da man dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector verase introducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugar inhóspito e a mercé das mesmas relacións que envolven o personaxe do neno. Unha historia dura e tenra á vez, e finalmente estarrecedora, que fala da eterna vileza do ser humano.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Coa man esquerda”