Charlie e o grande ascensor de cristal

Charlie e o grande ascensor de cristal

Nesta continuación de “Charlie e a fábrica de chocolate”, Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. Charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo. “Charlie e o grande ascensor de cristal” é a segunda entrega da serie protagonizada por Charlie e o señor Willy Wonka, personaxes creados por Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos.Traducida a múltiples linguas, a presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín
Autor: Roald Dahl
ISBN: 9788497822787
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 216

14,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Nesta continuación de “Charlie e a fábrica de chocolate”, Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. Charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo. “Charlie e o grande ascensor de cristal” é a segunda entrega da serie protagonizada por Charlie e o señor Willy Wonka, personaxes creados por Roald Dahl, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos.Traducida a múltiples linguas, a presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Charlie e o grande ascensor de cristal”