Charlie e a fábrica de chocolate

Charlie e a fábrica de chocolate

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes… Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. “Charlie e a fábrica de chocolate” é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín
Autor: Roald Dahl
ISBN: 9788497822770
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 224

13,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azucre que se poden inchar ata facelos enormes… Charlie Bucket atopará un dos billetes máxicos e será un dos rapaces afortunados que entren na fábrica das marabillosas lambetadas. Esta será unha visita que mudará a súa vida para sempre. “Charlie e a fábrica de chocolate” é a novela máis famosa de Roald Dhal, un dos xenios da literatura infantil do século XX. O humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta obra considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. A presente edición está ilustrada por Quentin Blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con Dahl.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Charlie e a fábrica de chocolate”