Chamábase Luís

Chamábase Luís

Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación.Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. Chamábase Luis, de Marina Mayoral, novela editada en 1989 dentro da colección «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da SIDA. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos vítimas dun dos maiores dramas do noso tempo.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Fóra de xogo
Autor: Marina Mayoral
ISBN: 9788497825122
Edición: 2ª ed., 1ª imp.
Páginas: 168

13,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación.Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. Chamábase Luis, de Marina Mayoral, novela editada en 1989 dentro da colección «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da SIDA. Nove testemuños a falar, desde a súa propia óptica, sobre Luís ou sobre si mesmos. Todos vítimas dun dos maiores dramas do noso tempo.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chamábase Luís”