Bruxas & Dragóns. Libro 1: Baba Iagá (libro-xogo)

Bruxas & Dragóns. Libro 1: Baba Iagá (libro-xogo)

18,95 

So quedan 1 dispoñibles

Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.
Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.
Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.

Bruxas & Dragóns. Libro 1: Baba Iagá (libro-xogo)

Autor Bea Gregores (il.), Ledicia Costas, Luismi Pérez
Portada Ver portada
Editorial Triqueta Verde, S.L.
ISBN 9791387501426
Edición outubro 2025
Idioma de publicación Gallego

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Bruxas & Dragóns. Libro 1: Baba Iagá (libro-xogo)”