Axente X.99. Contos e versos do espazo

Axente X.99. Contos e versos do espazo

As fantásticas aventuras de quen fora gardián do radiofaro do asteroide X.99 é outro dos inesquecibles clásicos de Gianni Rodari. Historias para deleitarse coa palabra e cos xogos lingüísticos, co humor e co enxeño. Mundos e encontros fascinantes movidos pola curiosidade o desexo de amizade, coa excusa de exercitar a imaxinación.
Axente X.99 é como se coñece o gardián dun asteroide que, xunto coa cabra Renata, viaxa polo espazo desempeñando distintas misións. Publicadas na revista La Via Migliore entre outubro 1974
e maio de 1975, as aventuras deste peculiar astronauta representan a incursión de Gianni Rodari na ciencia ficción. Cada relato é una porta aberta á reflexión crítica: dende como orientar os simios do planeta Miro para que aprendan a facer lume e desterrar erróneas crenzas sobre as árbores de Parco, ata descubrir a capacidade de aprendizaxe dos nenos que habitan no planeta dos xoguetes ou as abellas intelixentes de Kama, sen esquecer experiencias adversas sobre misteriosas
desaparicións, homiños altamente tecnificados pero con ideas irracionais ou os absurdos costumes no planeta Osiris… O progreso, a natureza, a renovación pedagóxica, o totalitarismo e o fanatismo
son algúns temas que subxacen nestas historias brillantes, sorprendentes e cautivadoras.
As ilustracións de Federico Delicado -con figuras caricaturizadas e de chamativas cores – afondan no carácter lúdico dos textos, cuxos protagonistas destacan pola expresión da súa curiosidade e pola actitude observadora e receptiva ao descoñecido.

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Seteleguas
Autor: Gianni Rodari
ISBN: 9788413430713
Edición: 1ª (maio 2021)
Páginas: 84

15,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

As fantásticas aventuras de quen fora gardián do radiofaro do asteroide X.99 é outro dos inesquecibles clásicos de Gianni Rodari. Historias para deleitarse coa palabra e cos xogos lingüísticos, co humor e co enxeño. Mundos e encontros fascinantes movidos pola curiosidade o desexo de amizade, coa excusa de exercitar a imaxinación.
Axente X.99 é como se coñece o gardián dun asteroide que, xunto coa cabra Renata, viaxa polo espazo desempeñando distintas misións. Publicadas na revista La Via Migliore entre outubro 1974
e maio de 1975, as aventuras deste peculiar astronauta representan a incursión de Gianni Rodari na ciencia ficción. Cada relato é una porta aberta á reflexión crítica: dende como orientar os simios do planeta Miro para que aprendan a facer lume e desterrar erróneas crenzas sobre as árbores de Parco, ata descubrir a capacidade de aprendizaxe dos nenos que habitan no planeta dos xoguetes ou as abellas intelixentes de Kama, sen esquecer experiencias adversas sobre misteriosas
desaparicións, homiños altamente tecnificados pero con ideas irracionais ou os absurdos costumes no planeta Osiris… O progreso, a natureza, a renovación pedagóxica, o totalitarismo e o fanatismo
son algúns temas que subxacen nestas historias brillantes, sorprendentes e cautivadoras.
As ilustracións de Federico Delicado -con figuras caricaturizadas e de chamativas cores – afondan no carácter lúdico dos textos, cuxos protagonistas destacan pola expresión da súa curiosidade e pola actitude observadora e receptiva ao descoñecido.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Axente X.99. Contos e versos do espazo”