La imagen con verialID c12979 ya existe en WPLa imagen con verialID c12979 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoAsí naceu unha língua. Sobre as orixes do portugués – BiblosClube

Así naceu unha língua. Sobre as orixes do portugués

Así naceu unha língua. Sobre as orixes do portugués

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Manuais
Autor: Fernando Venâncio
ISBN: 9788491516170
Edición: 1ª (2021)
Páxinas: 368
Dimensións: 135 × 210 cm

17,00 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Fernando Venâncio, un dos intelectuais portugueses que presta maior atención á cultura galega, á identidade do noso idioma, o seu cultivo e a súa norma, preséntanos neste libro un novo xeito de contar unha historia —lingüística—, neste caso a da lingua portuguesa, de forma orixinal, onde sostén que as orixes do portugués están no galego.
O fío condutor é a idea, non nova, de que, nunha fase fundamental do portugués —século XV—, se produciu unha profunda desgaleguización da lingua, que, en gran medida, foi tamén castelanización. A súa é unha proposta provocadora para o portugués medio, polémica para o culto e incómoda para os ámbitos académicos lusos que contribuíron a lexitimar a mitoloxía nacionalista.
O autor argumenta a súa tese a través dun minucioso estudo da historia do léxico, unha escolla orixinal en canto que se concentra nun eido da historia da lingua pouco traballado, e que resulta eficaz e atractivo para o público non especializado. As palabras, coas súas traxectorias e vicisitudes diversas, constitúen a cerna do relato histórico, enfiado con dinamismo e amenidade cun estilo incisivo, claro e preciso, ás veces envolto nun fino humor.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Así naceu unha língua. Sobre as orixes do portugués”