La imagen con verialID c14126 ya existe en WPLa imagen con verialID c14126 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoAs nosas normas – BiblosClube

As nosas normas

As nosas normas

Durante unha travesía polo lago Mälaren entre Estocolmo e Arboga, o sarxento Albert coñece a Sara Videbeck. Ela, orfa de pai, rexenta unha vidraría en Lidköping, a onde regresa tras unha viaxe de negocios. Ao longo do traxecto, ambos os mozos estreitarán lazos e proxectarán unha vida en común baseada nunha relación de igual a igual, algo irrenunciable para ela.
A controversia levantada por esta obra «de cuestionable moralidade» obrigou a C. J. L. Almqvist a dimitir como director de escola, causoulle multitude de problemas no exercicio do sacerdocio e provocou a incomprensión, o desdén e mesmo a ira das correntes tradicionalistas. De igual maneira, que a historia avogase pola separación entre sexualidade e matrimonio (reclama o dereito á unión libre) motivou que as escritoras suecas coetáneas do autor a cualificasen como «fantasía masculina», se ben as menos destacaron tamén os seus valores feministas, evidentes na exposición de caso ao fío dos dereitos laborais no sistema gremial (abolido en 1850). Rompe sen contemplacións cos postulados románticos e propón como alternativa unha relación sentimental, talvez utópica, marcada pola autonomía de cada membro da parella, circunstancia que enlaza, a nivel patrimonial, cun concepto tan estendido hoxe en día como a separación de bens.
A súa publicación propiciou unha fonda e acalorada discusión política e literaria ao redor do xénero na Escandinavia do século XIX. Na actualidade, As nosas normas considérase unha novela «profética e igualitaria».

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Carl Jonas Love Almqvist
ISBN: 9788412259360
Edición: 1ª Xullo 2021
Páxinas: 132
Dimensións: 132 × 200 cm

14,50 

Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes

Durante unha travesía polo lago Mälaren entre Estocolmo e Arboga, o sarxento Albert coñece a Sara Videbeck. Ela, orfa de pai, rexenta unha vidraría en Lidköping, a onde regresa tras unha viaxe de negocios. Ao longo do traxecto, ambos os mozos estreitarán lazos e proxectarán unha vida en común baseada nunha relación de igual a igual, algo irrenunciable para ela.
A controversia levantada por esta obra «de cuestionable moralidade» obrigou a C. J. L. Almqvist a dimitir como director de escola, causoulle multitude de problemas no exercicio do sacerdocio e provocou a incomprensión, o desdén e mesmo a ira das correntes tradicionalistas. De igual maneira, que a historia avogase pola separación entre sexualidade e matrimonio (reclama o dereito á unión libre) motivou que as escritoras suecas coetáneas do autor a cualificasen como «fantasía masculina», se ben as menos destacaron tamén os seus valores feministas, evidentes na exposición de caso ao fío dos dereitos laborais no sistema gremial (abolido en 1850). Rompe sen contemplacións cos postulados románticos e propón como alternativa unha relación sentimental, talvez utópica, marcada pola autonomía de cada membro da parella, circunstancia que enlaza, a nivel patrimonial, cun concepto tan estendido hoxe en día como a separación de bens.
A súa publicación propiciou unha fonda e acalorada discusión política e literaria ao redor do xénero na Escandinavia do século XIX. Na actualidade, As nosas normas considérase unha novela «profética e igualitaria».

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “As nosas normas”