Os poemas breves de Olga Patiño e as ilustracións de Isabel Pintado conforman “Amaterasu” (deusa do sol), unha obra na que se reafirma a identidade de cada unha das creadoras e na que versos e imaxes transitan en total complicidade. “Neste libro tentamos percorrer conxuntamente un espazo lírico, entaboar un diálogo cómplice para respirar o mundo. Facémolo, por medio desa identidade poética que se revela entre a poesía e a palabra, a poesía e a pintura”, din as autoras.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión

Reseñas
Aínda non hai valoracións.