Achís!

Achís!

Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme. Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé. Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé: Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato e o gato tíñalle alerxia ao bebé. Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas, a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á “normalidade”. Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum fala do imprevisto, de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que se pode establecer cunha mascota, ensinando a responsabilidade que isto conleva. Apoiándose en imaxes tenras e suxestivas, Laura Tova debuxa un gato divertido, traveso e experto en camuflaxe.

Editorial: Editora OQO
Autor: José Carlos Andrés
ISBN: 9788498714364
Edición: 03/2021
Páginas: 36

14,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Na casa vivían papá, mamá e un gato enorme. Os tres eran moi felices, ata o día en que chegou un bebé. Mamá e papá estaban encantados; pero, cando o gato se achegou a ver o bebé: Achís! O bebé tíñalle alerxia ao gato e o gato tíñalle alerxia ao bebé. Despois do susto inicial e unha procura desesperada de solucións domésticas, a complicidade entre o gato e o bebé fai que, entre risas e esbirros, todo volva á “normalidade”. Cun texto sinxelo, de estrutura simétrica, este álbum fala do imprevisto, de sentimentos, de resolver situacións para saír adiante, e afonda nas emocións dos nenos desde a empatía e o vínculo que se pode establecer cunha mascota, ensinando a responsabilidade que isto conleva. Apoiándose en imaxes tenras e suxestivas, Laura Tova debuxa un gato divertido, traveso e experto en camuflaxe.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Achís!”