A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Fernando Pereira Bueno
ISBN: 9788411105019
Edición: 1ª (2024)
Páginas: 512

22,95 

1 dispoñibles

Recolle as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. O libro explica en que condicións se escribiu e como se estrutura, e ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)”