«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e 2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores máis relevantes da literatura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreita relación persoal co autor: Celso Emilio, Manuel María, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, Díaz Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín…, ademais de grandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadores occitanos e, xaora, Dante e Petrarca. Darío Xohán Cabana deixa constancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer a cultura galega e facer da súa lingua e literatura un herdo imprescindible.
A música das palabras. De lingua e literatura (1990-2021)

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Darío Xohán Cabana
ISBN: 9788411100717
Edición: 1ª (2022)
Páxinas: 456
24,95 €
Neste momento non temos existencias. Inclúao no carriño e enviarémosllo canto antes
Sé o primero en valorar “A música das palabras. De lingua e literatura (1990-2021)” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.