A mona de Schrödinger

A mona de Schrödinger

Editorial: Baía Edicións
Autor: Uxío Larvós
ISBN: 9788499954158
Edición: 1ª Novembro 2022
Páginas: 216

14,35 

1 dispoñibles

Por falta de vacantes na súa propia especie, unha mona bonoba resígnase a que na vindeira reencarnación lle toque acomodarse nun pelello humano, posibilidade que, tendo presente que ambas as especies comparten preto do 99 % dos xenes, coida que non debe estar de todo mal. Mais axiña comprenderá o seu monumental erro de cálculo. Con este punto de partida, nunha fusión entre o diario íntimo e a novela de aprendizaxe, A mona de Schrödinger convida a acompañar esta mordaz e irreverente bonoba (que como humana responde ao nome de Suso Mouriño), na súa loita diaria por se manter a flote, algo que non resulta nada sinxelo cando o pai bebe canto gaña, o monte veciñal da aldea é usado como vertedoiro e ela non encaixa en ningures, nin sequera no corpo que lle foi outorgado. Humor e inconformismo en grandes doses nunha obra que constitúe un alegato contra os prexuízos e a teima de pechar os ollos ante as inxustizas.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A mona de Schrödinger”