La imagen con verialID c12957 ya existe en WPLa imagen con verialID c12957 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoA metamorfose do comunismo na China. Unha historia do PCCH (1921-2021) – BiblosClube

A metamorfose do comunismo na China. Unha historia do PCCH (1921-2021)

No contexto do centenario do Partido Comunista da China, cómpre un balance da evolución do territorio máis poboado do planeta e segunda economía mundial. O autor deste ensaio, Xulio Ríos, é un dos principais expertos neste país. Co triunfo da revolución liderada por Mao Zedong en 1949, a China iniciou unha nova etapa caracterizada pola procura dunha modernización que lle permitise deixar atrás séculos de decadencia e traxedia, ostracismo, subdesenvolvemento e humillación. Dende entón, a historia da China e do PCCh fúndense nunha mesma traxectoria.
Cos seus acertos e erros, o PCCh fixo posible a sorprendente transformación dun país con cinco mil anos de existencia, sendo a única das grandes civilizacións que aínda sobrevive.
Nos máis de setenta anos que leva no poder, o seu ideario e as súas políticas experimentaron fortes mutacións que son debulladas con precisión neste libro, dende os inicios da Revolución ata os nosos días, tendo en conta non só as grandes tendencias senón tamén os detalles pequenos
e relevantes.

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Ágora K
Autor: Xulio Ríos
ISBN: 9788416721801
Edición: 1ª (maio 2021)
Páxinas: 432
Dimensións: 135 × 205 cm

18,00 

2 dispoñibles

No contexto do centenario do Partido Comunista da China, cómpre un balance da evolución do territorio máis poboado do planeta e segunda economía mundial. O autor deste ensaio, Xulio Ríos, é un dos principais expertos neste país. Co triunfo da revolución liderada por Mao Zedong en 1949, a China iniciou unha nova etapa caracterizada pola procura dunha modernización que lle permitise deixar atrás séculos de decadencia e traxedia, ostracismo, subdesenvolvemento e humillación. Dende entón, a historia da China e do PCCh fúndense nunha mesma traxectoria.
Cos seus acertos e erros, o PCCh fixo posible a sorprendente transformación dun país con cinco mil anos de existencia, sendo a única das grandes civilizacións que aínda sobrevive.
Nos máis de setenta anos que leva no poder, o seu ideario e as súas políticas experimentaron fortes mutacións que son debulladas con precisión neste libro, dende os inicios da Revolución ata os nosos días, tendo en conta non só as grandes tendencias senón tamén os detalles pequenos
e relevantes.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A metamorfose do comunismo na China. Unha historia do PCCH (1921-2021)”