A longa marcha da xeometría

A longa marcha da xeometría

10,00 

Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan útiles, sen dubidar da súa consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu carácter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficción como necesaria, presos de ideas primitivas, nacidas de experiencias limitadas que sufriron xeneralizacións abusivas e se converteron en principios inmutábeis, conturbando a nosa razón. Agora sabemos que non, que a recta é unha aparencia, aquela precisa simplicidade da xeometría escolar. E xorden outras xeometrías, outras teorías físicas… Aprendemos que o universo non se corresponde coa idea de espazo plano e infinito, que a súa xeometría varía dun lugar a outro e muda permanentemente coas diversas configuracións materiais! Estas páxinas percorren unha longa marcha, a longa historia da evolución das teorías xeométricas, desde os albores da civilización ata esa modernidade que fai eclosión no século XIX. Unha andaina instrutiva que arriba a unha abstracción insospeitada, derrubando a ilusión dunha xeometría natural.

A longa marcha da xeometría

Autor Xosé M. Masa
Portada Ver portada
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
ISBN 9788419679550

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A longa marcha da xeometría”