“A lista das cousas imposibles” é a historia de Clara e de Guim. Un relato de soños e realidades, de anhelos e de cicatrices. Unha historia de amor e de vida. Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta na que o que desexaba eran cousas que non podería volver facer ou ter nunca. Unha novela aditiva, sinxela, pero profunda ao mesmo tempo. En tradución de María Alonso Seisdedos.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.