A figueira de Pelostortos

A figueira de Pelostortos

Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.
A coñecida contacontos Ana García Castellano fai unha adaptación deste relato tradicional español con diferentes versións como O tío Pelostortos. Para iso, conta coas ilustracións de Mikel Mardones, o artista bilbaíno, de recente incorporación ao mundo da ilustración infantil.
Nesta versión a relación texto-ilustración é claramente favorable ás imaxes, que ocupan a maior parte do conxunto. Deste xeito, Mardones déixanos neste proxecto unha mostra da súa capacidade creativa, xa probada e desenvolvida noutros eidos artísticos. Os seus óleos de grande forza plástica e colorista recréannos un conxunto de imaxes de ambientación naturista. O álbum presenta unha serie de ilustracións de corte clásico, con inclinacións expresionistas e enorme forza expresiva, con abundantes planos medios e espectaculares primeiros planos.

Editorial: Editora OQO
Colección: Colección Q
Autor: Ana García-Castellano García
ISBN: 9788498712087
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 40

14,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Hai que ter tino co que se promete ás toas, sobre todo, se o que merecemos é un bo escarmento, tal e como lle ocorre ao avaro protagonista deste terrorífico e divertido conto.
A coñecida contacontos Ana García Castellano fai unha adaptación deste relato tradicional español con diferentes versións como O tío Pelostortos. Para iso, conta coas ilustracións de Mikel Mardones, o artista bilbaíno, de recente incorporación ao mundo da ilustración infantil.
Nesta versión a relación texto-ilustración é claramente favorable ás imaxes, que ocupan a maior parte do conxunto. Deste xeito, Mardones déixanos neste proxecto unha mostra da súa capacidade creativa, xa probada e desenvolvida noutros eidos artísticos. Os seus óleos de grande forza plástica e colorista recréannos un conxunto de imaxes de ambientación naturista. O álbum presenta unha serie de ilustracións de corte clásico, con inclinacións expresionistas e enorme forza expresiva, con abundantes planos medios e espectaculares primeiros planos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A figueira de Pelostortos”