Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda convértese inesperadamente na súa única herdeira. A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigación sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dúas mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tóxica relación entre elas que remata nun final perturbador. María Solar atrapa cunha historia de dominación, tolemia e morte onde a culpa está omnipresente.
Premio Xerais de Novela, 2022.
A culpa
A culpa
| Autor | María Solar |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
| ISBN | 9788411101776 |
| Colección | Narrativa |
| Edición | 1ª (2022) |
| Número de colección | 501 |
| Idioma orixinal | Gallego |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “A culpa” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.