A conto do literario

A conto do literario

Esta nova entrega de Alfredo Conde constitúe o relato do transito do autor na súa accidentada navegación polo sistema literario, en realidade, por dous sistemas literarios, o galego e o español, tan parecidos e tan diferentes. Nel di o autor responder, a conto do literario, a preguntas que, cando el máis necesitaba dar respostas, ninguén llas fixo. Nuns casos atopamos a elas precisa contestación; noutros, haberá que ler entre liñas e facer memoria.
Axentes literarios que, no canto de cromos, intercambian lotes de escritores, editores cuxo criterio para publicar non é nin a calidade nin o interese da obra, senón a obtención da subvención apropiada; subvencións a unha actividade editorial que, menos aos autores, facilita un bo pasar a moitas personas, son algúns dos aspectos relevantes desta obra na que os seus lectores poderán coñecer, da man de quen foi o gañador do primeiro Premio Nacional de Literatura, concedido a unha novela non escrita en castelán, e responsable da carteira de Cultura no Goberno Galego, por tanto coñecedor da máis íntima realidade cultural do noso país, da outra cara da realidade, a cara oculta da nosa cultura.
Un libro insólito no que o indubidable amor do autor pola lingua e a cultura propias non se traduce en haxiográficas gabanzas de persoas e institucións senón que, ben polo contrario, ousa meter o seu dedo de escritor, irónico e mordaz, unhas veces, pero sempre independente e libre, na realidade que latexa por embaixo de tanta falsa esperanza prodigada por aqueles que, debendo ser os máximos coñecedores da realidade, levan anos agochándoa ó prodigar un optimismo que á postre está a resultar suicida.

Editorial: Ensenada de Ézaro Ediciones
Autor: Alfredo Conde
ISBN: 9788412357677
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 242

18,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Esta nova entrega de Alfredo Conde constitúe o relato do transito do autor na súa accidentada navegación polo sistema literario, en realidade, por dous sistemas literarios, o galego e o español, tan parecidos e tan diferentes. Nel di o autor responder, a conto do literario, a preguntas que, cando el máis necesitaba dar respostas, ninguén llas fixo. Nuns casos atopamos a elas precisa contestación; noutros, haberá que ler entre liñas e facer memoria.
Axentes literarios que, no canto de cromos, intercambian lotes de escritores, editores cuxo criterio para publicar non é nin a calidade nin o interese da obra, senón a obtención da subvención apropiada; subvencións a unha actividade editorial que, menos aos autores, facilita un bo pasar a moitas personas, son algúns dos aspectos relevantes desta obra na que os seus lectores poderán coñecer, da man de quen foi o gañador do primeiro Premio Nacional de Literatura, concedido a unha novela non escrita en castelán, e responsable da carteira de Cultura no Goberno Galego, por tanto coñecedor da máis íntima realidade cultural do noso país, da outra cara da realidade, a cara oculta da nosa cultura.
Un libro insólito no que o indubidable amor do autor pola lingua e a cultura propias non se traduce en haxiográficas gabanzas de persoas e institucións senón que, ben polo contrario, ousa meter o seu dedo de escritor, irónico e mordaz, unhas veces, pero sempre independente e libre, na realidade que latexa por embaixo de tanta falsa esperanza prodigada por aqueles que, debendo ser os máximos coñecedores da realidade, levan anos agochándoa ó prodigar un optimismo que á postre está a resultar suicida.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A conto do literario”