Odisea: unha historia, un poema, unha película

Odisea: unha historia, un poema, unha película

Como xa fixera Odiseo, navegamos polas tramposas augas mediterráneas que bañaban as costas de Troia e Ítaca, pero desta volta guiados polo coñecemento dos expertos helenistas María Teresa Amado, Rafaela Villalba Ferreira e Francisco Calaza. Foi no encontro nomeado “Odisea: unha historia, un poema, unha película”. Amado Rodríguez puxo o contexto para comprender mellor o poema homérico ao tempo que fixo unha reconstrución da arqueoloxía dos escenarios nos que se desenvolve; Rafaela Villalba debullou aspectos fundamentais do poema con entusiasmo e exactitude, e Francisco Calaza puxo en relación o texto de Homero coa película de Cristopher Nolan que tanto éxito está a ter nas salas de cine. Os tres contribuiron sobremanera a enaltecer a grandeza do mundo clásico.

Compártelo en las redes

Deixa un comentario